EconomíaEconomíaÚltima hora

Pastor alude en Ourense á A-76 e á circunvalación do Barco

A ministra de Fomento, tras visitar as obras do AVE, mantiña un almorzo con empresarios ourensáns en San Clodio
A ministra de Fomento, xunto ao presidente da CEO e outras autoridades galegas e ourensás.
A ministra de Fomento, xunto ao presidente da CEO e outras autoridades galegas e ourensás.

 

Durante a súa visita á provincia, a ministra de Fomento, Ana Pastor, compartía o 14 de outubro un almorzo en San Clodio cun cento de empresarios ourensáns. A este encontro, que promovido pola CEO, asistían asemade o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, xunto con outras autoridades e representantes da vida social, económica e política da provincia.

Na súa intervención, Ana Pastor, destacaba a capacidade do empresariado ourensán, en especial no relativo ao eido da construción civil, e como mostra diso aludía ás empresas e técnicos da provincia (tamén galegos e españois) que teñen un papel destacado na construción da obra que instalará o metro La Meca-Medina, en Arabia Saudí.

Asemade confirmaba que a liña de alta velocidade chegará a Ourense no 2018 e referíase ás estradas, tanto á A-56 como á A-76, á circunvalación do Barco e á de Ourense, no tramo entre a N-120 e a N-525 en Coles.

Pola súa banda, o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, agradecía o esforzo inversor de Fomento na provincia nos últimos anos e as partidas contempladas no borrador dos Presupuestos Generales do Estado para 2015, sobre todo ás relativas ás grandes infraestruturas.

Pérez Canal incidía en que a finalización “das infraestruturas pendentes”, en referencia ao AVE e ás autovías de Ourense a Lugo e Ponferrada-Ourense, básicamente, serían claves para “cambiar esta tendencia que, personalmente, creo que con optimismo, confianza, ilusión, traballo e bo facer, pódese chegar a cambiar para situala nun desenvolvemento positivo”.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button