EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Patinaxe para comezar o ano no Barco

Ata o 10 de xaneiro estará instalada no pavillón de Calabagueiros unha pista de patinaxe

Nenos, pero tamén maiores, terán oportunidade de desfrutar ata o 10 de xaneiro da pista de patinaxe de xeo sintético que está instalada no pavillón polideportivo barquense de Calabagueiros. Dispón dunha de 200 m2 e nela que poden patinar 45 persoas á vez.

Esta iniciativa, promovida polo Concello do Barco en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e co Barco Centro Comercial Aberto (CCA), forma parte da campaña de Nadal destas dúas entidades.

Ademais da pista de patinaxe, no polideportivo instaláronse unha serie de inchables para nenos de todas as idades. Do 30 de decembro ao 10 de xaneiro a pista estará aberta en horario de 11 a 14h. e de 4 a a 8h, menos o 30 de decembro, 1, 6, 7 e 8 de xaneiro, días nos que só abrirá pola tarde.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button