En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Patinaxe para estrear o 2017 no Barco

Do 1 ao 8 de xaneiro o polideportivo de Calabagueiros contará cunha pista de patinaxe sobre xeo sintético e con inchabes

Entre patíns e inchables. Así comezaban o ano os máis pequenos no Barco e mesmo algúns maiores. Na tarde do 1 de xaneiro abría ao público unha pista de patinaxe sobre xeo sintético no pavillón polideportivo de Calabagueiros. Ao longo da xornada eran xa moitos os que se animaban a subirse aos patíns e comezar o ano deslizándose para, de seguido, pasar a divertirse nos inchables, instalados tamén no interior do polideportivo barquense.

Nesta pista poderá patinarse do 1 ao 8 de xaneiro, cun horario de 11h. a 14h. pola mañá e de 16h. a 20h. polas tardes. No caso dos día 6 de xaneiro a pista estará aberta só pola tarde.
O prezo de cada unha das sesións será de 4 euros. Os establecementos asociados ao Barco Centro Comercial Aberto (CCA) distribuían xa nestas destas de Nadal entre os seus clientes unhas entradas para esta pista. Esta actividade está sendo organizada por Mantesil en colaboración con AEVA, O Barco CCA e o Concello do Barco.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button