ConcellosÚltima hora

Patinaxe sobre xeo para estrear o ano Barco

Unha pista de patinaxe sobre xeo sintético estará instalada no pavillón de Calabagueiros entre o 1 e o 7 de xaneiro
Pista de patinaxe nun Nadal anterior no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Unha das propostas, tanto para nenos como para adultos, para iniciar o vindeiro ano 2019 no Barco será a de patinar. Do 1 ao 7 de xaneiro novamente esta vila valdeorresa contará cunha pista de patinaxe de xeo sintético, que se instarlá no pavillón polideportivo de Calabagueiros cun horario de 11h. a 13h. e de 17 a 21h. Ademais, ao mesmo tempo, haberá un parque de xogos con inchables no mesmo interior do pavillón.

No caso dos días 1 e 6 de xaneiro a pista soamente estará aberta polas tardes. Esta iniciativa está promovida por Mantesil coa colaboración do Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button