Patricia Lamela: “Imos mellorar a conciliación familiar coa apertura dunha Casa Niño e dunha Casa do Maior”

A candidata do PP á alcaldía de Larouco presentaba nun mitín na tarde do 15 de maio ao seu equipo e as principais liñas de acción do seu programa

“Somos veciños con ganas de loitar por unha renovación do noso Concello, un equipo cercano”. Así presentaba Patricia Lamela, candidata alcaldía popular en Larouco á súa lista no mitin celebrado na tarde do 15 de maio en Larouco. Comentaba tamén que unha das principais problemáticas deste municipio é a súa perda de poboación e comprometíase a loitar contra “ese descenso do padrón, imos traballar na súa recuperación”.

Patricia Lamela, que encabeza por vez primeira a lista do PP neste concello, comezaba a súa intervención con palabras de agradecemento ao actual alcalde, Joaquín Bautista, tamén presente no acto. Ademais expoñía as liñas principais do seu programa electoral que aposta por “mellorar a conciliación familiar dos veciños coa apertura dunha Casa Niño e unha Casa do Maior”, a reforma do plan urbanístico “ampliando as zonas urbanizables”, a creación dun coto micolóxico, a bonificación da urbana “para os que teñan nenos no noso concello”, a apertura de rutas de sendeirismo para “facilitar o acceso a lugares de interese histórico do municipio”, a limpeza do monte comunal e “subvencionar a cuota de autónomos durante un ano a aqueles que queiran emprender no no noso concello”, entre outras medidas.

 

Joaquín Bautista abría o acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Lamela chamaba tamén un a un aos membros da súa candidatura para presentalos. A súa intervención ía precedida pola do actual rexedor de Larouco, Joaquín Bautista, quen expresaba o seu agradecemento aos veciños e ás administracións provincial e galega, e que destacaba de Patricia Lamela a súa “ilusión, ganas de traballar e ideas” e que conta cunha “lista de xente de Larouco”. Algo no que tamén incidía o alcalde da Veiga Juan Anta.

 

Patricia Lamela, candidata do PP á alcaldía de Larouco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tomaba ademais a palabra a conselleira de Infraestruturas e membro da xunta directiva do PPdeG, Ethel Vázquez, quen se refería á candidata indicando que “Patricia dá un paso importante, valente e xeneroso, ser alcaldesa e querer traballar polos demais e dedicarlle tempo aos demais”. O acto finalizaba coa intervención de Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense e candidato á presidencia da Deputación de Ourense, quen lembrou “o traballo real, comprometido e riguroso de Joaquín” e salientou a “transición modélica” no caso da nova candidata do PP. Resaltaba ademais da candidatura popular de Larouco, que está “conformada por xente de aquí”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies