ConcellosO BarcoÚltima hora

Patricia López: “Os centros de día seguimos abertos”

A directora-xerente do Centro de Día O Salgueiral, comenta que seguen funcionando como ata agora e extremando as precaucións

Exterior do Centro de Día O Salgueiral do Barco.

 

Polo de agora os centros de día seguen abertos e funcionando. Nas disposicións publicadas onte, 30 de setembro, por parte da Consellería de Sanidade e nas que se establecen determinadas medidas de prevención ante evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Barco e Ourense non figura nada relativo ao peche dos centros de día.

“Polo de agora os centros de día seguimos abertos e funcionando como viñamos facendo, seguindo os protocolos e extremando as medidas de seguridade. Nós rexímonos polo que publica o DOG  e nel non se incluía nada sobre os centros de día”, explica Patricia González, directora-xerente do Centro de Día O Salgueiral.

Na tarde de onte a Conselleríad e Sanidade emitía unha nota na que avanzaba que entre as restricións que se ían tomar pola evolución da situación sanitaria no Barco estaba o peche destes centros, per finalmente as disposicións do DOG, publicadas pola noite, non o recollían.

Artigos relacionados

Back to top button