En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Patronal e sindicatos da lousa asinan unha proposta para actualizar os coeficientes redutores da idade de xubilación dos traballadores

Esta solicitude será remitida agora á Consellería de Economía e Industria de Galicia e á Consejería de Industria de Castela e León para que lla transmitan á Seguridade Social

A sede da Asociación Galega de Pizarristas (AGP) acollía na mañá do 23 de marzo a sinatura dun documento por parte de empresarios e sindicatos para solicitar á Seguridade Social que se adapten os coeficientes redutores da idade de xubilación dos traballadores de exterior no sector da lousa en Galicia e en Castela e León.

A proposta era asinada na parte sindical por José Paradelo, responsable do sector Mineiro de UXT en Galicia, por José Hurtado Amador, secretario de Política Sindical de CCOO Industria de Galicia, así como por un representante de UGT en Castela e León. Pola parte empresarial, rubricaban o documento o presidente da AGP, Víctor Cobo, e un representante da Asociación de Productores de Piedra Natural de Castela e León (Pinacal).

Tanto os sindicatos como os empresarios da lousa valoraban de xeito moi positivo esta proposta que será presentada de forma conxunta á Administración. “Trátase dunha solicitude baseada en estudos minuciosos e realistas que busca solventar a discriminación que padecen certas categorías laborais e, tamén, busca adaptar os coeficientes á nova realidade produtiva da lousa, que trouxo a creación de determinados postos que non existían no seu día e que cargan coa inxustiza de non contar con coeficientes redutores nas súas categorías correspondentes”, segundo sinalaba José Paradelo.

Pola súa banda, os empresarios da lousa destacaban a importancia de actualizar estes coeficientes e amosaban a súa confianza de que esta proposta presentada de forma conxunta sexa aceptada pola Seguridade Social.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button