CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Paulo García, do IES Carlos Casares de Viana, excelencia académica na ABAU 2022

Paulo García Eléxpuru./ Foto cedida.

 

Dende o IES Carlos Casares de Viana do Bolo veñen de anunciar a excelencia académica dun dos seus alumnos, Paulo García Eléxpuru, que poñía o broche de ouro á súa traxectoria académica coa Matrícula de Honra en Bacharelato, confirmada cun 9,26 na ABAU 2022.

Dende a dirección do centro felicitan ao alumno e tamén ao seus profesores de Primaria e Secundaria. “Teñen que estar felices polo esforzo del e da súa familia para chegar ata aquí”, din, lembrando que na primeira semana de setembro Paulo representará a España na Olimpíada Iberoamericana de Bioloxía de Perú, logo de obter o primeiro posto na Olimpíada Galega de Bioloxía e medalla de prata na Olimpíada Española de Bioloxía que tivo lugar na Universidade de Oviedo.

“En poucos días marchará a Valencia para ter unha semana de investigación nun dos centros do Consello Superior de Investigacións Científicas e unha segunda semana de adestramento para a preparación da Olimpiada na Universidade Autónoma de Madrid”, explican dende o instituto, destacando a excelencia integral de Paulo. “A súa brillantez nos estudos vai asociada a uns sólidos valores humanos, cheo de empatía, e preocupación por coidar aos demais”.

Artigos relacionados

Back to top button