ConcellosÚltima hora

O Pavillón Municipal de Deportes acollerá este sábado a pasarela “Verín de Moda 2017”

O desfile comezará ás sete e media da tarde e será presentado pola actriz María Mera
Presentación da pasarela “Verín de Moda 2017”.

A pasarela “Verín de Moda 2017” xa está en marcha. A presentación do evento, organizado por AEVER coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta e a Deputación, tiña lugar na mañá do 15 de setembro e nela, o presidente da asociación empresarial, Santos Álvarez, o xerente do colectivo, Xosé Ángel Rodicio e Manuel Varela, xerente da empresa organizadora Axencia Luena, adiantaron as novidades desta iniciativa que se suma aos actos que se reparten ao longo do ano para “promover o atractivo turístico, cultural e comercial de Verín”. A ese respecto, o xerente de AEVER fixo fincapé en que este evento “é un importante apoio ao sector do comercio e nace coa finalidade de concienciar e motivar ao conxunto da cidadanía sobre a importancia económica e social do comercio na nosa vila, que é sen lugar a dúbidas, un dos principais motores da economía local”.

O sábado 16 de setembro tiña lugar un casting infantil no que se seleccionaron nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos, que participarán como modelos por un día na pasarela que se celebrará o sábado 23 de setembro ás 19:30h. no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

Trátase dun desfile de moda, cun alto carácter escénico, no que se amosarán distintas coleccións e no que participarán modelos profesionais e figuras do panorama actual, especialmente galegos. Ademais de participar marcas, casas, deseñadores e comerciantes de renome, este ano como novidade, haberá un desfile canino.

Nesta edición a presentación da gala correrá a cago da actriz María Mera. Mireia Montávez, cantante da primeira gala de Operación Triunfo e o cantautor, Dani Royo, poñerán o broche musical.

O espectáculo, que constará dunha impresionante apertura “será un xigante escaparate do potencial comercial de Verín que atraerá, ademais dos cidadáns de Verín, a técnicos, modelos, artistas e foráneos que coñeceran mellor e verán a singularidade do comercio de Verín”, en palabras de José Ángel Rodicio.

 

Cartel do desfile.

Artigos relacionados

Back to top button