OurenseÚltima hora

O Pazo de Xustiza conterá a sede da Policía Autonómica

Está previsto que as obras arranquen este mesmo mes e finalicen neste ano
Alfonso Rueda e Marisol Díaz estiveron acompañados polo presidente da Audiencia, Antonio Piña. // Foto: Carlos Asensio.

O edificio da Audiencia Provincial de Ourense, situado na praza Concepción Arenal da capital, está a sufrir obras de remodelación “para facer un edifico máis humano e cómodo”, así o definiu o presidente da Audiencia, Antonio Piña, cando recibiu ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, para facer unha visita ao Pazo de Xustiza.

Está previsto que este mes arranquen as obras nestas instalacións para adaptar os espazos e así poder acoller a sede da Policía Autonómica. Esta actuación contará, informaron dende a Xunta, cun investimento de 125.000 euros e desenvolverase en varias fases. Primeiro, van desmontar as oficinas do arquivo e levaranse do primeiro ao terceiro andar. A continuación, rehabilitarase a planta baixa e, finalmente, procederase ao traslado do Corpo de Seguridade Autonómico. O prazo de remate dos traballos está previsto para este mesmo ano.

Así, ambos os dous rexedores -Rueda e Díaz Mouteira- coñeceron de primeira man as actuacións levadas polo momento no Pazo Provincial. Segundo explicou Antonio Piña, “fixemos unha sala de testemuñas, outra para a prensa e unha sala para menores, así como obras na sala de visitas e a de menores. Tamén creamos unha dependencia para os funcionarios da sala segunda que antes estaban aglutinados nunha sala moi pequena”.

Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, Ourense é unha das cidades onde se ten concentrado máis investimento para facer fronte ás necesidades da Administración de Xustiza. En concreto, este mesmo ano investíronse 46 millóns de euros no segundo andar para esas melloras.

Visita á Sala de Prensa. // Foto: Carlos Asensio.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button