Galerías de fotosÚltima hora

Pc Red Exclusivo celebra o 5º aniversario no Barco

Na tarde do 15 de abril os cativos puderon fotografarse con varios personaxes de debuxos animados

Comezou como unha tenda con material informático e musical e pouco a pouco foi ampliando a oferta, e hoxe, podemos atopar infinidade de artigos, dende gafas, ata fundas para todo tipo de móbiles, carteiras, prendas deportivas, menaxe, e un longo etcétera.

Parece que foi onte e xa pasaron cinco anos dende que Pc Red Exclusivo abría as portas na rúa da Estación no Barco de Valdeorras. E para celebralo, os seus responsables decidían contar coa presenza de famosos personaxes de debuxos animados de “Los Minions” e tamén da “Pandilla Canina” cos que poder retratarse no photomaton de Javier Brasa Fotografía. Stuart, Skye e Chase estiveron toda a tarde do venres 15 de febreiro atendendo sobre todo aos máis pequenos (e tamén algún que outro adulto). Minnie e Mickey farano o vindeiro venres 22 de abril.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button