OurenseÚltima hora

Pecha as portas o centro loxístico do Pazo dos Deportes de Ourense que deu apoio a transportistas e persoal esencial

Máis de 3.000 persoas pasaron por estas instalacións en Ourense durante más dun mes

Fachada principal do Paco Paz.

 

Despois de máis dun mes, na xornada deste sábado 9 de maio pechas as súas portas o centro loxístico do Pazo dos Deportes Paco Paz, de Ourense, que deu apoio a transportistas e personal esencial na loita contra o COVID-19 na provincia. Tal como explican dende a Deputación, “ante o inminente paso á Fase 1 da desescalada o luns 11 de maio, estas instalacións deixarán de prestar o servizo que viñeron ofrecendo a máis de 3.000 persoas durante o tempo que estiveron habilitadas para hixiene, catering e descanso.

Os sectores profesionais que máis utilizaron estas instalacións foron: Policía Local (21%), Garda Civil (14%), sanitarios e persoal de recollida de residuos (12% cada uno), Policía Nacional e Protección Civil (11% cada un), transportistas (9%), Policía Autonómica (6%), medios de comunicación e bombeiros (4%).

Artigos relacionados

Back to top button