CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Péchase unha aula do CEIP Condesa Fenosa do Barco por un positivo en Covid

 

Entre os centros educativos da provincia de Ourense que neste 25 de setembro teñen aulas pechadas debido ao Covid figura o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco. En concreto, dende a Xunta de Galicia vén de comunicarse un positivo neste centro e unha aula pechada.

En total a provincia de Ourense rexistra 19 centros de ensino non universitarios polo Covid e un total de 28 positivos, ademais de nove aulas pechadas. Así ademais da xa citada no Barco, hai 1 aula pechada no CEIP As Mercedes de Ourense (5 positivos), 1 no CEIP O Couto de Ourense (1 positivo), 1 no CPR P. María Auxiliadora de Ourense (1 positivo), 1 no CPR Santo Ángel de Ourense (2 positivos), 1 no CPR Plurilingüe San José de Ourense (2 positivos), 2 no CEEPR Ilustre Mestre (1 positivo), 1 no CPI Padrenda-Crespos (1 positivo).

Artigos relacionados

Back to top button
Close