Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Un xantar popular pecha a campaña ‘Quere o teu mercado’

A Praza de Abastos nº1 de Ourense mantivo actividades para todos os públicos durante 15 días co obxectivo de dinamizar o producto local

O sábado 28 de maio, a Praza de Abastos nº1 de Ourense puña fin á campaña ‘Quere o teu mercado’, unha programación especial que buscaba dinamizar a venda e a importancia do producto local. Durante 15 días, o mercado municipal foi sede de diversas actividades que incluíron diversión e gastronomía orientadas a todos os públicos. Esta pasada fin de semana, celebrouse un xantar popular para despedir as xornadas. Participaron preto de 80 persoas.

Tamén a música tradicional foi un dos protagonistas da xornada de clausura. Asimesmo, fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo escolar. O debuxo de Rubén Castro, de 3º de Educación Primaria do colexio Concepción Arenal, resultou elixido polo xurado pola súa “interpretación, orixinalidade e frescura”.

Por outra banda, o mesmo xurado decidiu outorgar ademais tres accésit para Emma Romero, do colexio Luis Vives; Brais Manso, do colexio Luis Vives, e Xiana Viso, do colexio Mestre Vide.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, a edil de Educación, Belén Iglesias, María López, empresaria de D’vaca e Emilio González Iglesias fixeron a entrega dos galardóns.

Artigos relacionados

Back to top button