ConcellosÚltima hora

Peches fronteirizos e controis para entrar en Portugal dende Ourense, do 10 ao 13 de maio

O único punto de entrada autorizado será o de Vila Verde da Raia-Chaves, saída A-52 enlace coa A-24, e as persoas que se dirixan a Portugal deberán presentar a documentación (DNI ou pasaporte)
Acceso dende a provincia de Ourense a Chaves dende a autovía A-52.

Dende a Garda Civil infórmase de que con motivo da próxima visita do Papa Francisco I á localidade lusa de Fátima os días 12 e 13 de maio, o goberno portugués, por razóns de seguridade interna e orde público, de dacordo co Código de Fronteiras Schengen, restaura o control documental nas súas fronteiras coa provincia de Ourense do seguinte xeito:

“Restablécese o control fronteirizo documental de persoas entre as 00:00 horas do 10 de maio e as 23:59 horas do día 13 do mesmo mes, afectando únicamente ás entradas en Portugal. Establécese como único punto de paso autorizado: Vila Verde de la Raía – Chaves, saída A-52, enlace coa A-24, km 0 cerca da rotonda”, segundo a nota de prensa emitida dende do goberno de España”.

Tamén se matiza que todas as persoas que neses días teñan previsto viaxar a Portugal, ademais de realizarlo polos pasos autorizados, deberán levar consigo a súa documentación personal (D.N.I. ou pasaporte), ademais da documentación do vehículo e permiso de condución, no seu caso. Os menores de idade tamén deberán levar consigo o D.N.I., ou o pasaporte propio.

A Garda Civil explicaba asemade que permanecerá pechada a entrada ao país luso no resto de pasos fronteirizos existentes na provincia de Ourense, como son:

– OU-315 Manzalvos (A Mezquita)
– N-525 Mesón Erosa -cruce Barxa -Pentes (A Gudiña)
– OU-1020 Xironda (Cualedro)- Santo André (Portugal)
– OU-1013 Verín – Videferre (Oímbra)
– OU-801 Pontebarxas – Celanova
– OU-540 A Madalena (Lobios)
– OU-312 Portela do Home (Lobios)
– OU-311 Baltar Semdim (Baltar)
– OU-1212 A Meixoeira (Entrimo)
– OU-302 Tourem (Calvos de Randín)

As restriccións afectan únicamente ao tránsito de entrada en Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button