DeportesÚltima hora

A Pedestre de San Martiño congregará en Ourense a case 11.000 corredores

 As saídas das diferentes categorías (absoluta, escolar e cativos) produciranse desde a Ponte do Milenio a partir das 11:00 horas do domingo
Presentación da carreira de San Martiño.

Este domingo, 19 de novembro, desenvolverase polas rúas de Ourense a edición cuadraxésimo primeira edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que este ano conta con 10.958 inscritos nas diferentes categorías: Absoluta (4.268), Escolar (3.937) e Cativos (2.753). A primeira delas terá que cubrir 10.000 metros (homologados pola Federación Galega de Atletismo

A saída dos diferentes grupos de idade producirase desde a Ponte do Milenio ás 11:00, 12:30 e 13:15 horas respectivamente, e contará coa presenza de Alejandro Blanco, presidente co Comité Olímpico Internacional (COE), Agustín González, presidente do Club Adas do Barco, presente durante máis de 25 anos ao deporte escolar e ao atletismo desde máis de 25 anos, e Emilia Mesa, atleta ourensá de campioa en diferentes probas na categoría de veteranos.

A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas. A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na Cancha Central do Pavillón dos Remedios.

A Concellería de Voluntariado disporá, como cada ano, un total de 40 persoas que colaborarán no desenvolvemento da proba, “unha axuda de incalculable valor”, segundo sinala a responsable dese departamento, Sofía Godoy.

Podes atopar toda a información para os corredores no espazo web do Consello Municipal de Deportes.

Cortes de tráfico

O desenvolvemento da proba obrigará a pechar ao tráfico diferentes tramos polos que transcorre o circuíto. O primeiro dos cortes producirase ás 07:00 horas na Avenida Pardo de Cela. A partir das 08:00 horas pecharase a Ponte do Milenio e a Glorieta Nexus VI (así coma os seus accesos) ata as 14:00 horas. A partir das 10:30 horas pecharanse o resto das rúas polas que pasará a proba absoluta. A circulación procedente da rúa Alfredo Brañas desviarase polo Peliquín, mentres que os que circulen pola avenida de Marín serán desviados por Alfredo Brañas.

A Policía Local aconsella empregar itinerarios alternativos no caso de ter que conducir: Oira e ponte Novísima para cruzar o río Miño; para a zona Sur e Oeste, circular polo Polvorín; rúa Manuel Murguía e A Farixa; no caso da zona Sur e Leste, facelo polo barrio de San Francisco e a rúa Nosa Señora da Saínza.

Artigos relacionados

Back to top button