En portadaÚltima hora

Pedro Sánchez decide prorrogar o estado de alarma ata o 11 de abril

Esta medida deberá ser aprobada por unha maioría parlamentaria

Un dos momentos da reunión por videoconferencia do presidente do goberno cos presidentes autonómicos./ Foto: Pool Moncloa/ JM Cuadrado.

 

Prorrogar o estado de alarma outros 15 días máis. É unha das medidas que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, plantexaba na conferencia telemática que mantiña cos presidentes das comunidades autonómas a partir das 10h. deste domingo 22 de marzo. Nesta videoconferencia Sánchez estaba acompañado polos ministros de Sanidade, de Defensa, do Interior e de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que son, respectivamente, Salvador Illa, Margarita Robles, Fernando Grande-Marlaska e José Luis Ábalos.

Para poder levar adiante esta medida o goberno necesitará unha maioría parlamentaria. Está previsto que na vindeira semana se celebre un pleno no Congreso dos deputados.

Artigos relacionados

Back to top button