Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Pedro Sánchez: “Se algo precisa España é xustiza social, convivencia e rexeneración”

O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno participaba no mediodía do 16 de abril nunha comida-mitin en Ourense

“O único que pode frear á dereita e as súas tres siglas e facer que España mire ao futuro”. Así o aseguraba o secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante o xantar-mitin que se celebraba neste mediodía en Expourense coa asistencia de medio milleiro de persoas. Ademais incidía en que “se algo precisa España é xustiza social, convivencia e rexeneración para acabar coa corrupción”. Sánchez tamén resaltaba que “nós en 10 meses fixemos máis por Ourense que o PP en sete anos do anterior goberno”, antes de recordar que “o importante nunhas eleccións non é como comezan e si como acaban, e por iso pido unha gran mobilización”.

 

 

Neste acto tamén interviña o máximo o secretario xeral PSdeG, Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé en que o 28 de abril “xogámonos moito”, sinalando tamén que “a mellor mostra de compromiso cos avances sociais e de dicir que non aos recortes de Feijóo é votar ao PSOE de Pedro Sánchez”.

Tomaban ademais a palabra, Marina Ortega, candidata ó Congreso, salientou algúns dos principais logros do actual goberno do PSOE tanto no conxunto do Estado como na provincia, así como o candidato á alcaldía de Ourense e secretario xeral provincial dos socialistas, Rafael Rodríguez Villarino, defendeu hoxe que o PSdeG-PSOE “encamíñase a unha vitoria histórica en Galicia” na que “tamén imos gañar a provincia ourensá logo de 31 anos de goberno baltarista”. Villarino destacou que “é o momento de cambiar Ourense” porque “na dereita son menos, son peores e están divididos” polo que, insistiu, “os resultados das próximas eleccións permitirán gañar o goberno de Deputación e recuperar o Concello da capital para que os socialistas devolvan a esta cidade e a esta provincia o status que se merece”.

Antes do encontro no recinto feiral, todos os candidatos ás Cortes Xerais pola provincia fixeron un paseo pola zona histórica da terceira cidade de Galicia, desde as fontes termais das Burgas ata a Alameda pasando pola praza Maior, acompañando ao presidente do Goberno, ao secretario xeral do PSdeG, ao secretario provincial dos socialistas e candidato á alcaldía de Ourense, e ao secretario da agrupación municipal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Máis fotos:
https://osil.info/o-xantar-mitin-de-pedro-sanchez-en-ourense-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button