PolíticaÚltima hora

Pedro Yáñez encabezará a lista do PP en Manzaneda

Di que decidiu dar este paso “polo apego á miña terra e porque quero unha Manzaneda para todos”
Pedro Yáñez, cabeza de lista polo PP en Manzaneda, xunto ao presidente provincial deste partido.

Novo rostro á fronte da lista que o PP presentara nas vindeiras eleccións municipais en Manzaneda. Pedro Yáñez Salgado (Manzaneda, 1984) será o cabeza de lista da candidatura popular co obxectivo de “sentar as bases para crear un concello prós-pero, lonxe da indiferenza do goberno actual”.

Pedro Yáñez decidiu dar este paso “polo apego á miña terra e porque quero unha Manzaneda para todos”. Yáñez amósase moi crítico coa xestión do goberno local, que cualifica “de inexplicable cando temos un orzamento de preto de dous millóns de euros que non se reflicten para nada na vida diaria dos veciños, nin tan siquera nalgúns pobos onde non fixo ninguna obra neste tempo”.

Tamén fala de falta de apoio ao rural, “por moito que este goberno diga que son os seus grandes defensores”. Tamén sinala que “somos o único concello que ten 4.000 hectáreas de monte comunal sen aproveitar e mal coidados”. Di que “poñer en valor estes terreos, axudar á creación de novas explotacións, prestar o máximo apoio ao campo ou potenciar os
productos da zona son algunhas das cuestións” que considera “urxentes”.

Entre as prioridades menciona unha antiga reivindicación como é a mellora dos accesos, “fundamentais para calquera proxecto que queramos desenvolver”. Refírese en particular á estrada de Viana do Bolo a Trives, “única vía de comunicación que temos para conectar coa comarca”.

Fala tamén de turismo, “xa que nós temos que saber aproveitar o tirón da estación de Montaña á que lle damos o nome”. Resúltalle incomprensible que haxa máis infraestrutura e servizos en concellos máis alonxados da estación, “polo que cómpre favorecer a iniciativa privada e desde o concello facer unha oferta atractiva para os visitantes”.

Desde a dirección provincial do PP, Manuel Baltar amosou a súa satisfacción por contar no proxecto popular “cunha persona nova, que non deixa de demostrar que cre en Manzaneda e que grazas á súa formación, especializado no sector primario, coñece ben o potencial do concello neste ámbito, como tamén no turismo e a necesidade de aproveitar as vantaxes da estación de montaña”.

 

Artigos relacionados

Back to top button