Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Pegada de carteis pasada por auga no Barco

A campaña electoral para as municipais do 26 de maio comezaba deste xeito para as catro candidaturas que se presentan aos comicios neste concello

Ás 00h. deste 10 de maio arrancaba a campaña electoral para as vindeiras eleccións municipais e europeas do 26 de maio no Barco. Malia ao tempo, os membros das catro candidaturas que se presentan a estes comicios neste concello iniciaban a tradicional pegada de carteis.

Os máis puntuais eran os representantes do PSdeG-PSOE e do BNG que comezaban a pegar os seus carteis na praza do Concello. A partir de aí distribuíanse por diferentes puntos da vila. Pouco despois, tamén dende ese mesmo lugar, empezaba a pegada de carteis os representantes de Riada Cidadá.

Pola súa banda, o PP realizaba esa primeira pegada no Malecón, na zona situada sobre a desembocadura do río Cigüeño.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button