CulturaCulturaÚltima hora

A pegada máis antiga da vitivinicultura galega, no libro “Las piedras que hacían vino”

Esta obra, realizada por Luis e Alejandro Paadín, presentarase o vindeiro 28 de setembro ás 12h. na Casa da Cultura de Verín

 

Portada do libro.

 

Case 300 páxinas nas que se percorren máis de 60 lagares rupestres de diferentes puntos da xeografía galega, boa parte deles na comarca de Monterrei. Así é o libro “Las piedras que hacían vino, Viaje por los milenarios lagares rupestres de Galicia”, que se presentará o vindeiro 28 de setembro ás 12h. na Casa da Cultura de Verín.

Esta obra é o resultado de sete anos de traballo por parte de Luis e Alejandro Paadín, padre e fillo que son tamén autores da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia”. Ao longo dese tempo ralizaron un labor de localización, interpretación e revalorización destes antigos restos vitininícolas labrados na rocha séculos atrás. O libro está escrito en galego, castelán e inglés e ten sido prologado polo arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López e polo antropólogo Luis Vicente Elías, máxima autoridade mundial en lagares rupestres.

No acto de presentación en Verín, que contará coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, estarán presentes os autores e tamén a presidenta desta D.O., Lara Da Silva Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button