CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Peixes mariños na beira do Sil, no Barco

De diferentes tamaños, formas e especies. Dende primeiros de setembro o muro da praia fluvial do Malecón do Barco na chamada zona do trampolín está poboado por unha singular fauna acuática, froito da creatividade e bo facer artístico de barquenses e visitantes, dirixidos polo artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e por un neno de cada unha das catro provincias galegas.

Este mosaico que reproduce un leito acuático con diversos peixes e algas xurdía de forma colectiva na fin de semana do 8 e 9 de setembro. Dende entón son moitas as persoas de todas as idades que teñen ido a contemplar o resultado do seu propio traballo, nalgúns casos, e o dos demais, noutros.

 

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close