ConcellosÚltima hora

Peludines Callejeros pon á venda o seu calendario do 2021 e mascarillas para recaudar fondos

 

Dende a protectora de animais valdeorresa Peludines Callejeros vén de poñerse en marcha unha campaña para recaudar fondos a través da venda do seu calendario para o ano 2021 e tamén de mascarillas (de 25 lavados) co logotipo de esta entidade.

Tanto as mascarillas como os calendarios, véndense a un prezo de 10 euros, pero, no caso de comprar o pack de ambos elementos, o prezo é de 17 euros. Poden adquirirse na Clínica Veterinaria Valcán e na oficina de Anpema no Barco, se vén poderían ampliarse os puntos de venda.

 

 

“O obxectivo é poder recaudar fondos para gastos veterinarios e de comida dos animais da protectora”, explican dende Peludines Callejeros que levan xa uns cinco anos editando este calendario, que inclúe imaxes dos cans que poden adoptarse, ao que agora suman as mascarillas.

 

 

Ademais dende esta protectora valdeorresa indican, que ademais da aportación económica, a entidade necesitaría ampliar o seu número de voluntarios para colaborar nas tarefas de limpeza da finca e tamén para darlle cariño aos cans que están en adopción, agora mesmo un total de 14. Tamén buscan fogares de acollida, ao ter totalmente cuberto o espacio actual. “Ser fogar de acollida implica simplemente coidar do can, xa que os gastos de alimentación e veterinarios son sufragados pola protectora”, engade Peludines Callejeros.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button