Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Peludines Callejeros Valdeorras recibirá alimentos e produtos de hixiene por parte de Gadis

A protectora é unha das beneficiarias da campaña solidaria "Alimenta a amizade" impulsada en 193 establecementos que axudará a máis de 5.000 cans e gatos abandonados

 

Despois de 10 días en establecementos da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, León, Valladolid, Palencia, Salamanca, Ávila e Zamora, a campaña “Alimenta  a amizade”, que iniciaba Supermercados Gadis o 1 de outubro, remataba coa recollida dun total de 84.263 kg de produtos que servirán para cubrir as necesidades das protectoras a cargo de cans e gatos abandonados.

Gadis agradece a solidariedade mostrada polos “miles de clientes que realizaron o esforzo de contribuir a esta acción depositando alimentos e productos de hixiene nos 193 puntos de venda”. Además, tamén resalta a colaboración dos voluntarios e a implicación do persoal de tendas e loxística durante o desenvolvemento da campaña”.

 

 

Tal como especifican dende a compañía, a doazón dos clientes foi de 70.219 kg, aos que a empresa de distribución sumou unha aportación propia do 20% desa cantidade ata superar os 84.260 kilos, que serán entregados a 33 protectoras de Galicia e Castela e León, entre as que está Peludines Callejeros Valdeorras.

Fotos da galería: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button