DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Peña Barcelonista da Rúa nomea padriño a Iván Iglesias

O grupo rues celebraba o X aniversario coa visita de dous ex xogadores do Barça

Unha década pasou xa dende que os irmáns Pepe e Adolfo (Fitos) Fernández decidían xuntarse cun grupo de amigos para ver os partidos do Barcelona na Rúa Vella. Así nacía a Peña Bacelonista Bar Adolfo, un grupo de afeccionados ao fútbol e especialmente ao conxunto azul-grana que pasaba dos sete membros iniciais aos preto de 40 que son actualmente.

Para celebrar o X aniversario (que non puderon festexar o ano pasado) e de paso a liga 2015/2016 que levaba o F.C. Barcelona, a peña da Rúa presidida por Pepe Fernández, organizaba unha completa xornada que contou con varios convidados de excepción, Iván Iglesias (ex xogador do Barcelona ás ordes de Johan Cruiff dos anos 93 ao 96), Manolo Tomé (ex xogador xunto a Cruiff do 73 ao 76) e Salvador Calviño (presidente das peñas barcelonistas de Galicia). Os tres, xunto ao presidente da peña, participaban na tarde do 11 de xuño nunha charla coloquio celebrada no restaurante Peyma da Rúa no que David Pérez (sobriño do presidente, xogador dos veteranos do C.D. Rúa e organizador do evento), facía de moderador. Trala charla, o fundador da peña, Adolfo Fernández e un dos seus membros recentemente falecido, José Ferreira, eran nomeados membros honoríficos da peña a título póstumo.

Antes da charla, na que cada convidado falou sa súa experiencia persoal, a comitiva que tamén contou coa presenza de dous irmáns de Iván (Paulino e José) e do presidente da Peña Barcelonista Val de Lemos, José Luis Campos, era recibida pola alcaldesa da Rúa, María González Albert, que se declarou “100% barcelonista”.

A xornada do X aniversario da peña incluíu un xantar na sede da peña (o antiguo bar Adolfo) no que Iván Iglesias foi momeado padriño, e unha cea no restaurante Peyma.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button