OurenseÚltima hora

Pensionistas ourensáns concéntranse “por unhas pensións dignas”

A concentración foi convocada polos sindicatos Comisións Obreiras e UXT nas portas da Subdelegación do Goberno
Concentración ás portas da Subdelegación do Goberno. // Foto: Carlos Asensio.

Os sindicatos de Comisións Obreiras e UXT concentráronse na mañá de hoxe, 15 de febreiro, diante das portas da Subdelegación do Goberno de Ourense para protestar en materia de pensións. Segundo explicou a representante da Federación de Pensionistas de Comisións Obreiras, María del Carmen Álvarez, “o que pedimos son unhas pensións dignas”.

A representante asegurou que “non estamos de acordo coa suba do 0’25%” plantexada polo Goberno, “queremos que nos suban máis”, asegurou. Asemade, explicou que outra das súas reivindicacións é que “haxa traballo para que o día de mañá haxa pensións”. Reiterou que os salarios “son moi baixos” e que en Ourense “hai máis xubilados que xente traballando”, concretamente, segundo os datos achegados por CCOO, hai 106.000 pensionistas en Ourense.

Por este motivo, ademais da concentración de hoxe, teñen convocadas concentracións para o día 1 e o 22 de marzo ás portas do Instituto da Seguridade Social en Ourense e o día 19 e 21 de marzo recollerán sinaturas na rúa do Paseo e nas portas dos sindicatos.

Artigos relacionados

Back to top button