ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pensionistas valdeorreses reúnense no Barco, na asemblea aberta previa á concetración do sábado

A mobilización “por un traballo digno e unhas pensións dignas” será ás 12h. na praza do Concello barquense

Debido ao compromiso acadado dende os diferentes movementos, plataformas e sindicatos a nivel estatal e autonómico que veñen respaldando as mobilizacións, o colectivo de pensionistas de Valdeorras volverá sair á rúa este sábado 17 de marzo en lugar do 22, como estaba previsto inicialmente, en contra do 0,25% de suba das pensións, “por un traballo digno e unhas pensións dignas”.

A concentración será ás 12h. na praza do Concello do Barco de Valdeorras e hoxe, xoves día 15, un grupo de pensionistas e prepensionistas, asistían no Salón de Actos do Edificio Multiusos barquense á asemblea aberta convocada polo colectivo, para informar de todas as medidas plantexadas polo goberno, aclarar dúbidas sobre a actual e futura negociación do pacto de Toledo e expoñer posturas e experiencias.

Dende o colectivo de pensionistas de Valdeorras adiantna que “tamén seguiremos recollendo sinaturas en contra desa ridícula e insultante suba das súas pensións”.

Artigos relacionados

Back to top button