OurenseÚltima hora

Pepa Plana e o seu “Paraíso Pintado” abren o pano no FITO

Esta cita inaugural será mañá, 5 de outubro, no Teatro Principal de Ourense ás 20:30 horas
Pepa Plana está considerada unha das mellores “clown” de Europa.

Mañá, 5 de outubro, arranca o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) que este ano xa vai pola súa décima edición. Os encargados de abrir o pano son a compañía catalá Pepa Plana e o seu espectáculo “Paraíso Pintado”, no Teatro Principal ás 20:30 horas.

Considerada coma unha das mellores “clown” de Europa, Pepa Plana trae un espectáculo para todos os públicos. Esta artista é coñecida no sector pola súa técnica pero tamén porque as súas obras teñen sempre un encanto e delicadeza especiais. Este selo persoal non ha faltar en “Paraíso Pintado”, na que conta a historia “dunha” anxo que sae do lenzo no que está debuxada para cumprir o seu soño de transformarse nun anxo da garda.

Trátase, pois, dun espectáculo visual, divertido, poético e cunha mensaxe profunda de fondo. O italiano Feruccio Caniero é o encargado de dirixir este traballo, no que comparte autoría coa propia Pepa Plana e que segue o estilo dos seus éxitos anteriores.

 

Artigos relacionados

Back to top button