OurenseÚltima hora

Pepe Solla e a Asociación Amigos da Cociña Galega coñecen Ourense

O célebre chef pontevedrés estará até mañá na provincia na compaña do colectivo que preside para afondar na gastronomía e no empresariado local
Baltar recibía á Asociación Amigos da Cociña Galega no Pazo Provincial de Ourense.
Baltar recibía á Asociación Amigos da Cociña Galega no Pazo Provincial de Ourense.

A Deputación de Ourense exerceu hoxe de anfitrioa para recibir ao coñecido chef Pepe Solla e á Asociación Amigos da Cociña Galega, colectivo que o pontevedrés preside. Esta visita enmárcase no primeiro encontro entre profesionais gastronómicos que celebra Ourense do 17 ao 19 de outubro. Este evento atrae á provincia a importantes cociñeiros chegados de diferentes puntos do ámbito nacional e internacional. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, foi o encargado de darlles a benvida. Así, agradeceu o labor que realizan “pola súa importancia e polo que defende, xa que a gastronomía é un dos estandartes da nosa cultura” e puxo en valor a gastronomía ourensá dentro deste contexto.

Durante eses días, a asociación e os seus integrantes percorrerán a provincia para coñecer as súas empresas e os seus produtos. Esta tarde, martes 18, asistirán a unha conferencia sobre empresa familiar e relevo xeracional e participarán nunha presentación de produtos ourensáns a cargo de Aceites Abril, Bodegas GMR, Coren, Cuevas e Queixos Feijóo, na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO). Para mañá, mércores 19, visitarán o hotel balneario de Baños de Molgas e o Museo Moncho Borrajo. Rematarán coa visita posterior ao castelo de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button