ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pepo Suevos pon o broche á noite de “samaín” e castañas de Chandrexa de Queixa

 

Dende as oito da tarde do sábado 9 de novembro poñíase en marcha a “Noite de Samaín” en Chandrexa de Queixa. Ademais de castañas asadas tamén se servía panceta, chourizo e, como sobremesa, chocolate e bica. Preto de 300 persoas sumábanse esta celebración que a partir das dez estaba animada pola música do grupo Pekados. Ademais o programa incluía un monólogo do actor Pepo Suevos.

Esta celebración de outono estaba organizada polo Concello de Chandrexa de Queixa coa subvención da Deputación de Ourense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button