OurenseÚltima hora

“Peque Xornada” de Órgano en Celanova

A actividade enmárcase nas xornadas organizadas pola Asociación de Amigos do órgano de Ourense “Un rato no tubo”

 

Un ano máis e xa van nove, a Asociación de Amigos do Órgano de Ourense “Un rato no tubo” organizou as Xornadas de Órgano Cidade de Ourense, con dúas actividades destacadas en Celanova.

A primeira, a conferencia-coloquio “O Órgano de Celanova: música para todos. Historia dun crecemento  divulgativo musical” tiña lugar o pasado xoves 21 de novembro, no Liceo de Ourense. Nela participaron Mª José Mosquera, Irma Fernández, Carmen Valugo e Marisol Mendive, para falar dos concertos didácticos para escolares que organiza o Concello de Celanova co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo e para rutas turísticas que se organizan desde a Fundación Curros Enríquez.

A segunda, as chamadas “Peque Xornadas” dirixidas a nenas e nenos de 2-10 anos cos seus pais, tiña lugar hoxe, sábado 23 de novembro. Trátase dun contacontos con música de órgano no coro alto do Mosteiro de San Salvador. O “Un rato no tubo”, de Luís García Mañá, foi relatado por Mª José Mosquera e Marisol Mendive a encargada de musicar a actividade á que asistían numerosos cativos.

Artigos relacionados

Back to top button