CulturaCultura

“Pequenas certezas” de Sarabela Teatro, no Galicia Escena Pro

A representación tiña lugar no Teatro Principal de Santiago na tarde do 4 de novembro
Público asistente á representación de "Pequenas certezas" no Teatro Principal de Santiago.
Público asistente á representación de “Pequenas certezas” no Teatro Principal de Santiago.

Sarabela Teatro era unha das compañías participantes no programa de Galicia Escena Pro, que se encetaba o pasado 3 de novembro en Santiago de Compostela. No marco deste programa presentaba a súa peza “Pequenas Certezas”, baixo a dirección de Ánxeles Cuña, na tarde do 4 de novembro no Teatro Principal da capital galega.

A obra escrita pola mexicana Bárbara Colio, Premio Internacional María Teresa León para Autoras Dramáticas en 2004, é presentada como “unha historia de cruzamentos, suspense e humor”. A trama indaga na situación que se crea coa presenza de alguén a través da súa ausencia: Mario desaparece e, na súa busca, familiares e amigos atopan que as versións de cada un deles en torno á mesma persoa son distintas e ás veces contrapostas.

“Pequenas certezas” conta un elenco de autores formado por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Sabela Gago e Fina Calleja, habituais nos elencos de Sarabela.

Entre o público asistente á representación estivo o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button