CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

As “Pequenas coleccións” de David López, no Centro Cultural Avenida da Rúa

A exposición pode visitarse ata o domingo 6 de maio de 12 a 13:30 e de 20 a 21:30h.

David López, veciño de Petín e un dos fundadores de Protección Civil da Rúa, ten moitas afeccións. Unha delas é coleccionar todo tipo de obxectos: periódicos antigos, réplicas en miniatura de coches (turismo e tamén de emerxencias), selos, moedas, bandas deseñadas, álbumes de cromos, de fotos antiguas, libros, pins, calendarios, botellas de cervexa e de licores de tamaño reducido,…

Son pequenas coleccións que o seu propietario foi ampliando ao longo dos anos e que agora poden verse no primeiro andar do Centro Cultural Avenida. Hai dous anos estiveron expostas na Oficina de Información de Petín e agora están na Rúa. Poden visitarse ata o domingo 6 de maio de 12 a 13:30 e de 20 a 21:30h.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button
Close