ConcellosÚltima hora

Pequeno desprendemento doutra fachada dun céntrico edificio no Barco

É a segunda incidencia deste tipo que acontece na vila en apenas 24 horas

A beirrarúa do edificio situado fronte á Casa da Cultura do Barco, na céntrica rúa da Estación, está parcialmente cortada ao tránsito de persoas debido a un pequeno desprendemento de pedra da fachada deste inmoble. Esa zona foi cortada á circulación con cinta pola Policía Local e sinalizada.

Este é o segundo incidente deste tipo que se produce na vila valdeorresa en apenas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close