ConcellosÚltima hora

Pequeno incendio nunha zona de maleza en Viloira (O Barco), preto do río

Ardía a pelusa acumulada dos chopos que despois se propagaba

 

Pasadas as 21h. deste martes 5 de maio producíase un incendio nunha zona de maleza en Viloira (O Barco), de difícil acceso e moi próxima a pasarela peonil sobre o río Sil que une esta localidade co casco antigo barquense. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Policía Local, a Garda Civil e o GES Valdeorras.

Segundo as primeiras informacións, alguén puido prender lume a pelusas dos chopos e acumuladas no chan nese lugar. Tamén interviñan os bombeiros do parque de Valdeorras para extinguilo definitivamente debido as difultades para achegarse coa mangueira ao lugar.

Artigos relacionados

Back to top button