En portadaÚltima hora

Percance na estrada N-120 en Vilamartín

 

Arredor das 22:30h. deste venres 14 de agosto producíase un percance na estrada N-120 no termo municipal de Vilamartín, en concreto á altura dunha nave de lousa. Unha ambulancia que circulaba en dirección ao Barco cunha urxencia dirixida ao Hospital de Valdeorras atopábase con algo na calzaba que danaba unha das rodas do seu lado dereito e tamén o disco da mesma, inutilizando deste xeito o vehículo.

Tamén resultaba afectado nunha das dúas rodas por ese mesmo elemento o turismo que circulaba tras a ambulancia. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Garda Civil de Tráfico, outra ambulancia do 061 para proceder ao traslado do paciente urxente, así como os membros do GES Valdeorras, que axudaban ao condutor da ambulancia accidentada a cambiar a roda.

Tamén acudía unha grúa para transportar o turismo afectado. No intre de escribir estas liñas descoñecíase que foi o que danou as rodas de ambos vehículos nese punto da estrada.

Artigos relacionados

Back to top button