En portadaÚltima hora

Percorrendo a escavación dos Escarvadores no Castro de Valencia do Sil

O arqueólogo Santiago Ferrer realizaba unha visita guiada a esta parte do xacemento vilamartinés na que o pasado verán se realizaba unha nova intervención

 

Dende a localidade de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras) partía ás dez da mañá deste 26 de outubro o máis de medio cento de persoas que sumaban á visita guiada no seu castro organizada polo Concello do Barco, no marco dos actos de homenaxe ao grupo valdeorrés Os Escarvadores.

Nesta actividade percorríase a zona do xacemento escavada décadas atrás por este grupo de afeccionados á arqueoloxía, sobre cuxa historia falaba Gustavo Docampo, técnico de Cultura do Barco. Durante os anos que traballaron no Castro de Valencia do Sil deixaban ao descuberto diversas edicacións, que inicialmente identificaban como cabanas, pero que, posteriores estudos da man do arqueólogo Santiago Ferrer, indican que se trata dunha ou de posiblemente dúas vivendas cuxa cronoloxía se sitúa entre os séculos III e IV e que están na última ladeira de ocupación do asentamento.

 

 

Así o explicaba in situ este investigador vilamartinés, que sendo neno colaboraba tamén cos Escarvadores e que o pasado verán dirixía unha escavación nese mesmo punto, cuxos resultados expoñía tamén durante a visita. Enumeraba o tipo de material recuperado, entre o que había moedas de época tardorromana e cerámica, diversos restos construtivos, tegula e mesmo lousa usada na cubrición, etc. Algúns deles poden verse na mostra “In Terra Gigurrorum”, instalada no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Nesta interesante visita estaba ademais un dos antigos membros dos Escarvadores, Ángel Fernández, quen lembraba unha lenda relacionada co castro, a das tres irmás costureiras que preferion verse convertidas en pedra antes de ser vencidas por Don Roldán.

Tamén facían este traxecto o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, e a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta.

Fotos: A.R.

Máis información:
https://www.osil.info/carlos-tejerizo-arqueologo-o-castro-de-valencia-do-sil-e-unico-por-moitos-motivos/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close