DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Percorrendo antigos sendeiros de Manzaneda

Este concello do oriente ourensán celebraba a súa sexta andaina que se completaba cun roteiro en BTT

Cunha numerosa participación desenvolvíase na mañá do 14 de xuño a sexta edición da Andaina de Manzaneda (AdeM). Como novidade, este ano o percorrido a pé completábase cunha proba de BTT.

A andaina comezaba a partires das nove da mañá dende a escola de Manzaneda. A partir de aí, os andaríns cubrían un traxecto de 20 km por antigos sendeiros que unen pobos deste concello como Seoane, San Pedro, Borruga, Cubeiros, Trabazos, San Miguel, Bidueira, Raigada, Requeixo, Aldea de Arriba (Paradela), Escourido, Rozavales e, de novo, Manzaneda. Media hora despois dos camiñantes, partían os ciclistas.

O programa destas citas deportivas concluía cun xantar popular no que había tamén agasallos e sorteos para os participantes. Esta cuarta AdeM foi promovida polo Concello de Manzaneda en colaboración coa súa agrupación de Protección Civil.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na vindeira edición do Periódico O Sil en papel

Artigos relacionados

Back to top button