En portadaGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Percorrendo o Vía Crucis da Serra (A Veiga), o máis alto de Galicia

Partía ás catro da tarde deste Xoves Santo dende o Alto da Portela, seguindo o conxunto escultórico realizado polo artista Pepe de Barrio de Lamalonga

Rodeado polos cumes de Trevinca, o Via Crucis da Serra (A Veiga) conmemora cada Semana Santa a paixón e morte de Cristo nun longo traxecto de máis de 14 quilómetros. Un percorrido de case catro horas con paradas en cada unha das quince estacións en granito, realizadas polo artista Pepe de Barrio, que conforman este conxunto relixioso. A derradeira, a da Resurrección, está situada á entrada de Lamalonga, pobo natal deste escultor.

Este singular traxecto relixioso, que se realiza dende hai 19 anos, comezaba no Alto da Portela a partires das catro da tarde deste Xoves Santo, 18 de abril. Ao rematar, os participantes son agasallados pola organización (en mans da Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”) con chocolate quente.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close