DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Percorrido en bicicleta pola comarca de Valdeorras

Alumnos da ESO do colexio Divina Pastora do Barco participan no programa “Mobilidade Sostible e Segura”

Primeiro foron os pequenos de Educación Primaria e hoxe tocoulles aos de Secundaria. Un grupo de alumnos de diferentes cursos da ESO do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco percorrían parte da comarca de Valdeorra na mañá do 30 de maio.

Unha vez máis no marco do programa da Xunta “Mobilidade Sostible e Segura”, o departamento de Educación Física do centro organizaba unha fermosa ruta que saía do centro en torno ás once da mañá e remataba no mesmo punto pasadas as catro da tarde, despois de visitar localidades como Arnado, Vilamartín, Petín ou A Rúa.

 

Inicio da ruta no exterior do colexio.

 

Tamén nesta ocasión contaron coa colaboración do club de ciclismo Tres Lunas Valdeorras, sendo Pablo Diéguez Cerdeira o encargado de impartir unha charla aos cativos antes de saír. Dende o centro agradecen o apoio que o club lles está amosando, moi especialmente o propio Pablo así como David Álvarez, e “como non o apoio incondicional de Manuel Diéguez, no servizo de mantemento”, aseguran, destacando asemade a colaboración da Policía Local, da Gardia Civil e do GES.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button