CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Percorrido pola minería aurífera da comarca do Carballiño

A investigadora Oria Ferreiro ofrecía unha conferencia sobre esta temática no Museo Etnolóxico de Ribadavia

A zona do Carballiño é unha das de maior potencial aurífero de Galicia, sen embargo “non hai estudos sistemáticos que aborden esta realidade dende un punto de vista arqueolóxico”. Así o apuntaba Oria Ferreiro Diz, natural de Boborás, no decurso da conferencia “Minería aurífera en época romana na comarca do Carballiño”, que impartía na tarde do 21 de abril no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Este acto formaba parte das “conversas no Museo”, tal e como sinalaba o director deste centro, César Llana, que presentaba a esta investigadora, licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola mesma universidade.

Oria Ferreiro comezaba a súa ponencia referíndose á explotación mineira de ouro na conca media do Miño durante a etapa anterior á conquista de Roma para, de seguido, detallar como foi a extracción deste metal durante o Imperio romano, explicando os tipos de xacementos, como se controlaban estes recursos e o territorio, ademais da creación dunha rede hidráulica para alimentar ás explotacións.

Tamén facía un percorrido por entre sete e dez explotacións desta zona ourensá, deténdose nas súas características, tipoloxías, elementos de interese e grao de conservación. E, finalmente, establecía unha serie de relacións entre as minas e os xacementos castrexos do entorno.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button