PolíticaÚltima hora

Percorrido polas mesas electorais no oriente ourensán

Todos os colexios electorais cumprían coas medidas sanitarias obrigatorias

 

As eleccións ao Parlamento de Galicia deste domingo, 12 de xullo, transcorren con normalidade nos concellos de O Barco, A Rúa, Larouco, A Pobra de Trives, Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Os presidentes e vogais das mesas comentaron que a afluencia de votantes era similar á de anos anteriores.

Todos os colexios electorais contaban coas medidas hixiénico-sanitarias obrigatorias froito da pandemia de coronavirus. Membros de diferentes agrupacións de Protección Civil encargábanse de controlar o aforo e proporcionar xel desinfectante aos votantes. No chan, unhas pegatinas homologadas marcaban a dirección de entrada e saída. A Policía Local tamén estivo presente nalgúns concellos para garantizar o bo desenvolvemento dos comicios. Os concellos tamén podían solicitar un servizo de transporte para que os habitantes das aldeas puideran desprazarse ás mesas electorais.

Segundo datos da Xunta de Galicia, ata as 17:00h, a participación en Viana do Bolo e Vilariño de Conso descendía considerablemente respecto ás eleccións de 2016, cun 6,4% menos e cun 5,8% menos respectivamente. Tamén baixaba levemente en Trives cun 0,72% menos. A afluencia de votantes aumentaba lixeiramente en O Barco e A Rúa cun 0,87% máis e un 0,27% máis. Pola súa banda, a participación no concello de Larouco aumentaba en 1,03 puntos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close