Galerías de fotosÚltima hora

Percorrido por adegas valdeorresas no curso de enoturismo que se imparte no Barco

Sesións teóricas e tamén moita práctica. Continúan as saídas técnicas no marco do curso “Creación, promoción e comercialización de produto enoturístico”, que se iniciaba o 11 de xuño no Centro de Formación de AEVA da man da sumiller e asesora Mercedes González.

Na xornada do 20 de xuño os alumnos visitaban viñedos e adegas. Así achegánbase ata Godeval en Xagoaza (O Barco), Roandi en Éntoma (O Barco) e tamén a Alán de Val na Rúa. Ademais cataban os seus viños. Este curso organizado por AEVA concluirá o 21 de xuño.

Fotos cedidas por Mercedes González.

Artigos relacionados

Back to top button