Percorrido visual polos cumes do planeta

O Club Alpino Ourensán celebraba a finais de novembro as súas 17ª Xornadas Audiovisuais no Auditorio da cidade das Burgas

Ao longo de catro días podían percorrerse as paisaxes da Serra Nevada de California, dos montes peruanos ou do Himalaia indú, entre outras, da man do Club Alpino Ourensán. Esta entidade deportiva organizaba do 24 ao 27 de novembro as súas 17ª Xornadas audiovisuais no Auditorio Municipal (na Sala Vermella) de Ourense.

O ciclo de proxeccións comezaba con “Seguridade en montaña” da man do GREIM da Garda Civil. Despois, o 25 de novembro Tino Taín presentaba “John Muir Trail”, unha engaiolante viaxe de 400 quilómetros de trekking polo espazo natural da Serra Nevada californiana. De seguido, o 26 de novembro cinco montañeiras ourensás (Isabel, Mar, Laura, Karina e Tamara) relataban con “Sarushka no Perú” as súas experiencias durante case un mes en terras peruanas. A derradeira das proxeccións desta edición era “Apertura dunha nova vía no Thalay Sagar de 6.904 m (Hilamalaia Indú)” de Félix Criado.

Fotos: Club Alpino Ourensán

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies