ConcellosEn portadaO Bolo

Peregrinación ao Santuario das Ermitas (O Bolo) pola Octava do Rosario

Devotos de diferentes partes da comarca de Valdeorras achegábanse camiñando ata o templo no mediodía deste domingo 10 de outubro

 

No mediodía deste domingo 10 de outubro, celebrábase no Santuario das Ermitas (no concello de O Bolo) a Octava da festa da Virxe do Rosario, unha das celebracións relixiosas que máis devotos atrae ao templo de orixe barroca.

 

Paso da Resurrección, no Vía Crucis das Ermitas.

 

De feito, eran moitas as persoas de diferentes partes da comarca de Valdeorras que se animaban a facer unha fermosa camiñata ata o Santuario. Xente da Rúa, de San Xulián, do Barco, de Viloira ou de Petín, entre outros lugares ,que facían o percorrido en grupos.

Outros como Enrique Rodríguez Sotelo, veciño de Fontei (A Rúa), facíao só como preámbulo da peregrinación Xacobea a Santiago de Compostela que comezará na vindeira semana.

 

Misa no Rosario, no Santuario das Ermitas.

Artigos relacionados

Back to top button