Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Peregrinos do Deza completan a 4ª etapa do Camiño de Inverno, entre O Barco de Valdeorras e A Rúa

Unha vintena de persoas percorrían o tramo entre O Barco de Valdeorras e A Rúa

A treboada caída na mañá hoxe, 25 de agosto, pillaba de pleno ao grupo de peregrinos da comarca pontevedresa do Deza que están a facer o Camiño de Inverno.

Na actividade, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Lalín-Deza, Roteiros de Lalín e a Asociación de Empresarios de Deza, participan unha vintena de persoas que nesta mañá completaban a cuarta etapa entre O Barco de Valdeorras e A Rúa, pasando por Arcos e Vilamartín.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button