En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Peregrinos xaponeses percorren Valdeorras polo Camiño de Inverno

No Barco eran recibidos pola concelleira de Turismo e polo alcalde de Vilanartín que os acompañará ata A Rúa

Dende o luns 28 de maio está en España a delegación xaponesa que está inmersa na peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño de Inverno. Despois de completar as dúas primeiras etapas entre Ponferrada–Villavieja (Priaranza del Bierzo) e Villavieja–Puente de Domingo Flórez, no mediodía do mércores 30 de maio chegaba ao Barco de Valddeorras acompañada polo alcalde de Priaranza José Manuel Blanco.

Xa na entrada da vila e seguindo o Camiño polo casco vello eran recibidos pola concelleira de Turismo do Barco Irene Dacal que lles deu a benvida acompañándoos durante un tramo, e polo alcalde de Vilamartín que completará con eles a etapa ata A Rúa. Os membros da delegación son Sr. Takagi (secretario xeral do Consulado Honorario de Takamatsu), Sr. Shishido (secretario xeral de NPO Camino de Shikoku); Sr. Shimoyama (presidente da Asociacion de Yokohama e España); Sra. Hattor (directiva da Asociación de Yokohama e España); Sra. Masubuchi; Sr. Yanaginouchi (xubilado de Hitachi); e Sr.Toiya (coordinador honorario) e durante a recepción, o propio Masakatsu Toiya asegurou ser un gran coñecedor do Camiño de Santiago que xa fixo completo once vedes. “Eu fago o camiño por diferentes motivos. O primeiro é por curiosidade, para coñecer España a pé buscando a espiritualidade pero agora como xa o levo feito tantas veces, pretendo devolverlle algo ao camiño do que me aporta a min, e unha boa forma é promocionándoo en Xapón”.

Xunto a el estaba o secretario xeral do Consulado Honorario de España en Takamatsu por donde pasa a Ruta Shikoku ou dos 88 templos, quen asegurou sentir “nostalxia ao facer este camino” co que nota certas similitudes, especialmente a antigüidade (o xaponés ten máis de mil anos de historia) e a espiritualidade.

Toiya tamén asegura que a paisaxe do Camiño de Inverno é moi bonita e está perfectamente sinalizado, “non hai ningunha dificultade ou problema para facelo e a nosa idea é promocionalo en Xapón porque é moi bonito e tranquilo e creo que se o coñecen, máis xaponeses virán facelo”.

Da mesma idea é o alcalde de Priaranza del Bierzo quen explica que quixeron aproveitar ese 150 aniversario do establecemento de relacións diplomáticas entre España e Xapón para darlle un pouco máis de protagonismo e difusión ao Camiño. “A idea é poder expoñelo alí. Son varias asociacións con diferentes locais polo que estamos mirando o tema loxístico para presentalo en Tokio e en Shikoku”, dixo Blanco, asegurando que todos os alcaldes están respondendo moi ben.

Despois dun aperitivo por xentileza do Concello do Barco, a comitiva continuaba a ruta ata A Rúa onde serán recibidos pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras. E torno ás 19h. recibiraos o alcalde Luis Fernández e de seguido acompañarán aos convidados a unha adega de Fontei, onde os agasallarán cunha merenda con produtos típicos. Mañá, 31 de maio, os socios camiñarán con xaponeses ata Quiroga.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button