EconomíaEconomíaÚltima hora

Pérez Canal optará á presidencia da CEG

As eleccións para elixir ao novo presidente dos empresarios galegos serán o 15 de xaneiro

O presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, durante a reunión da xunta directiva.
O presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, durante a reunión da xunta directiva.

A xunta directiva da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) vén de dar o visto bo á candidatura do seu presidente, José Manuel Pérez Canal, nas eleccións á presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), que se celebrarán o vindeiro 15 de xaneiro. No encontro celebrado o 4 de xaneiro, Pérez Canal informaba aos membros da directiva da CEO da súa idea de optar á dirixir á organización da patronal galega co fin de tratar de devolverlle a normalidade e de resolver os problemas que lle afectan nos últimos tempos.

Tamén daba conta na xuntanza, entre outras cuestións, dos apoios e peticións recibidas doutras provincias galegas para dar ese paso. Deste xeito ábrese a posibilidade de que por segunda vez na súa historia a CEG poida ter un presidente que non sexa nin de Coruña nin de Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button