OurenseÚltima hora

Pérez Jácome: “O obxectivo era que os libros cumpran a súa función vital e acaben nas mans do lector”

Centos de ourensáns acudiron á entrega de obreas literarias por parte do Concello no Día das Letras Galegas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (esquerda) na entrega de libros polo Día das Letras Galegas.

 

Os libros foron os protagonistas na mañá deste domingo 17 de maio, un día de festa no que o Concello de Ourense repartiu 2.700 obras gañadoras dos certames literarios que organiza o propio concello, diante do antigo edificio do Banco de España. Lugar polo que pasaron centenares de ourensáns, que non dubidaron en gardar cola para poder facerse con algunha destas publicacións.

Para o alcalde, Pérez Jácome, que estivo acompañado polo concelleiro de Cultura, Mario González, e outros membros do equipo de goberno, o acto “foi todo un éxito”, ademais de poñer de manifesto que o obxectivo que se quería conseguir con esta iniciativa “non é outro que os libros cumpran a súa función vital; que acaben na man do lector”.

 

Os ourensáns fixeron cola para recoller un exemplar.

 

Lembra o alcalde que noutras ocasións, e con motivo de celebrar o Día das Letras Galegas “facíase unha pequena actuación artística e achegábanse poucas persoas a este lugar, a Sala Valente, mentres que hoxe houbo colas para recoller os libros”, o que pon de manifesto que  a iniciativa, “a pesares das críticas da oposición, foi un éxito e contou coa resposta dos ourensáns”. Fai fincapé “na importante resposta popular, tendo en conta o que temos coa situación de alerta na que nas atopamos pola covid-19”, polo que se cumpriron todas as medidas de seguridade para evitar aglomeracións e que todo discorrese con toda normalidade”.

Artigos relacionados

Back to top button