OurenseÚltima hora

A obra “Perplexo” dirixida por Tito Asorey, en Ourense

A compañía Ilmaquinario, actuará no Teatro Principal os días 31 de outubro e 1 de novembro ás 20:30h.

FLYER_ILM_IMPRENTA

O Teatro Principal de Ourense acollerá o 31 de outubro e o 1 de novembro, a actuación da compañía de tatro Ilmaquinario, que presenta a obra “Perplexo” escrita por Marius Von Mayenbur e dirixida por Tito Asorey.

Fernando González, Laura Míguez, Melania Cruz e Fran Lareu, interpretarán as dúas parellas protagosnitas da obra que arranca co regreso a casa de Laura e Fernando despois das vacacións. Nada máis entrar pola porta a parella percibe na casa pequenos pero estraños cambios: unha nova planta na cociña, o gato non está e a luz está cortada, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando esta nova parella aparece en escena a situación da un xiro, pois semella que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda.

O teatro pasa a converterse nunha metáfora da realidade actual, onde as persoas han de impoñerse determinadas máscaras sociais para facer fronte ás novas situacións que presenta a vida presenta.

A venda anticipada de entradas para a función está dispoñible a través de www.entradas.abanca.com e do teléfono 902 434 443. Na taquilla do teatro os días 30, 31 e 1 de novembro de 12h. a 14h. e dúas horas antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 15€ (Butaca de Patio, Platea e 1º Andar), 10€ (2º Andar) e 8€ (Paraíso e VR).

Artigos relacionados

Back to top button